SOLIDARIDAD Y APOYO MUTUO

"...advertimos a la clase patronal que ellos nos han colocado en la calle y en ese terreno estamos dispuestos a afrontar las consecuencias que de esta torpe actitud se derive, todo menos que nuestra actitud de trabajadores honrados y conscientes sea vilmente atropellada." (Comité de Huelga. Huelga General de Zaragoza, 1.934)

jueves, 15 de octubre de 2015

C.N.T. -Presentación de libro.

"INDIOS, NEGROS Y OTROS INDESEABLES"

     O C.S.A. Cambalhota de Allariz e CNT-Allariz, con motivo da celebración do 12 de Outubro  presentan, o día 17 do mesmo mes, a partir das 19:00, o libro  “Indios, negros y otros indeseables. Capitalismo, racismo y exclusión en América Latina y El  Caribe” de Paco Gómez Nadal.

     Paco, xornalista, activista de dereitos humanos, libreiro, xestor de soños colectivos a ratos, observador perplexo dunha realidade infestada de renuncias e profundo coñecedor da realidade latino americana presentaranos o seu último libro. A camiño entre o ensaio e o  xornalismo o autor  descríbenos ao longo da súa obra o que realmente foi o mal chamado descubrimento do Novo Mundo. Un continente con poboacións e culturas propias que foi conquistado, colonizado, explotado e  esclavizado  polas potencias europeas. Unhas veces amparados pola escusa da evanxelización e outras do progreso, pero sempre cun carácter eminentemente racista e expoliador  que, aínda que non puido lograr o exterminio total das súas poboacións nativas, sí as desposuíu das súas terras, os seus recursos, a súa cultura e a súa identidade. A realidade, que o autor nos mostra, da situación actual non é moi alentadora. O espolio continua, os herdeiros daqueles primeiros conquistadores  fixeron propio aquel vello  sistema de poder e explotación adaptándoo a formas importadas de Estado de corte occidental. O capitalismo salvaxe campa ás súas anchas cebándose nos pobos orixinarios  que aínda subsisten  e loitan incansablemente por recuperar a súa identidade,  e naquelas poboacións de orixe africana e asiático, obrigadas a migrar como escravas ou man de obra barata, que tamén  loitan en busca da  súa propia identidade. Un atisbo de luz ábrese nestas loitas de base  que  Paco descóbrenos na súa obra, tras compartir persoalmente con moitas delas e os seus protagonistas.



     Tras a presentación abriremos o momento do Coloquio.

     A partir das 21:30 haberá cea. Poñeremos prezos populares co fin de recadar cartos para cubrir os gastos orixinados  pola actividade.

     Esperámosvos o vindeiro sábado 17 de Outubro a partir das 19:00h  na Rúa Camiño do Castelo 10-Allariz.


No hay comentarios:

Publicar un comentario